I had some trouble finding this suggestive passage by Rafael Dieste on the topic of a Galician "furor ontolóxico," so I'm posting it here in case anyone else is looking for it.
Tense falado dunha sorte de panteísmo difuso entre os galegos. Eu non acredito moito nelo. Agora, o que se pode haber nos galegos é unha conciencia ontolóxica de seu, unha tendencia manifestada nas formas do románico, nas maneiras mesmo da artesanía nos cruceiros, etc., unha sorte de furor ontolóxico, un desexo de que as cousas eisistan realmente, un degoiro de que teñan una perduranza, mais non unha perduranza pola dureza esterior, pola máscara que se lle poida pór, ben material ou formal, senón entrañable, interior, de xeito que a perduranza esteriormente manifesta sexa máis que o signo, a luz, a mensaxe de algo fondamente sólido, sólido coma o ser, que se encontra dentro e configura rennidade por si sola, pro a perennidade esterna, o énfase de certos moimentos, xeralmente fúnebres, nos que se nos está a falar do grande, do perenne, do eterno, polo común dalle un chisco de riso. No cruceiro máis modesto, nunha margarida, nunha froliña ventureira, é onde pode estar xustamente o que non proz pode dare moimento algún; ise misterio, tan entrañado par Maside, que ao mesmo tempo prodúcelle arrepío, ise misterio ontolóxico, desa solidez total, absoluta, na cal sobrenada a espresión graciosa, aínda que á veces témera, das cousas.
Dieste, Rafael. Obra galega completa II. Vigo: Galaxia, 1995. 47.
No comments:
Post a Comment