Sunday, February 2, 2014

Contraconvocatoria de microrrelatos

Foi primeiro con emoción e logo con certa irritación que notei que o John Rutherford Centre for Galician Studies–University of Oxford vén de convocar o seu I Concurso de Microrelatos.

O problema está en que en dito concurso só poden participar o estudantado de galego dos 31 centros de estudos galegos espallados polo mundo. Eu que son neofalante autodidacta que, hai que dicilo todo, teño por todo adestramento na lingua propia de Galiza unha semana en Compostela, período que pasei engulido ricos gintonics nas barras dos bares da cidade apostólica, eu, como vos dicía, sentinme un pouco excluído.

Pero que lle podemos facer. As institucións son o que son.

Emporiso, non debemos caer na desesperación. Por e para algo existen os blogs.

Con este post, anuncio unha "contraconvocatoria": invito a todxs xs neofalantes, calquera que sexa a vosa afiliación institucional, a que me enviedes os vosos microrrelatos (cunha extensión máxima de 270 palabras (título incluído), escritos en calquera normativa). Xa irei buscando un xurado e todo iso. Logo despois, xa veremos. Talvez regalarei un frasco do meu licor café caseiro. Está ben rico.

Enviade os vosos relatos a: contraconvocatoria <at> gmail <dot> com, ata o primeiro de maio de 2014.

1 comment:

  1. Moi boa idea o do contraconcurso! E por certo… fas licor café na casa? Cando é que nos viñas facer unha visitiña a Boulder? ;)

    ReplyDelete